Crónica del sur de Lugo

A Deputación destina 300.000 euros en axudas para recuperar terras abandonadas

• Darío Campos, presidente da Deputación: “O noso compromiso co rural non é un slogan, senón unha realidade demostrada con feitos como este”

Imaxe de arquivo do presidente da Deputación, Darío Campos Conde, en rolda de prensa. GPDL
O Goberno provincial vén de activar unha nova liña de axudas, por un montante total de 300.000 euros, destinada ao impulso do rural, neste caso co obxectivo de recuperar terras abandonadas.
INICIATIVA IMPULSADA POR PETICIÓN DOS PRODUTORES
Esta medida foi anunciada polo presidente da Deputación, Darío Campos Conde, que salientou o “compromiso deste Goberno cos gandeiros e agricultores da provincia”. O mandatario provincial afirmou que estas axudas volven ofrecerse “porque así mo trasladaron persoalmente os produtores da provincia”. Con esta medida, Campos Conde entende que o equipo de xestión que preside “continúa a poñer en valor o rural da nosa provincia”.
ESTAS AXUDAS RECUPERARON PRETO DE 1.200 HECTÁREAS ENTRE 2014 E 2015
O titular provincial lembrou que esta liña de axudas, “totalmente pioneira” no conxunto das administracións públicas galegas, foi posta en marcha pola Deputación de Lugo durante os anos 2014 e 2015. Nese periodo bianual, emitíronse axudas por valor de preto de 560.000 euros, que beneficiaron a 178 agricultores e gandeiros. Con estas subvencións, en tan só dous anos puxéronse a producir case 1.200 hectáreas que estaban sen uso na provincia de Lugo.
A QUEN VAN DIRIXIDAS AS SUBVENCIÓNS
Dende a Deputación, explicaron os detalles destas subvencións. As achegas estarán dispoñibles para gandeiros e agricultores a título individual, e tamén para agrupacións de produtores, SATs ou persoas xurídicas coa titularidade das explotacións que dispoñan dun mínimo dunha hectárea de superficie, sexa en réxime de aluguer, propiedade, ou por doazón ou cesión.
AS AXUDAS NON SUBVENCIONARÁN ACTIVIDADES FORESTAIS
A liña de axudas será efectiva para accións coas que se recuperen as terras baldías, a través de actividades agrícolas ou gandeiras, tendo en conta que non será subvencionable a actividade forestal.
En canto ás contías, a axuda por hectárea será de 500 euros, cun máximo de ata 9.000 euros por beneficiario.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio