Crónica del sur de Lugo

15 mozos e mozas formáronse no obradoiro de emprego da Xunta en Monforte

A entrega dos diplomas do obradoiro de emprego Cobas Xuvenil, organizado pola Xunta en Monforte, tivo lugar o 29 de agosto. GPCM

A cidade do Cabe acolleu nos últimos meses un obradoiro de emprego da Xunta de Galicia, do que se beneficiaron 15 mozos e mozas menores de 30 anos. O obradoiro Cobas Xuvenil ofreceu formación e actividade laboral na especialidade de carpintería e moble, e na de mantemento de xardíns e zonas verdes. Na iniciativa, que a Xunta levou a cabo en colaboración co Concello de Monforte, o Executivo galego investiu máis de 140.000 euros.
Ademais de facilitar un contrato laboral e formación teórico-prática aos 15 participantes, o obradoiro serviu para acondicionar o espazo medioambiental de Cobas. A superficie foi cuberta de céspede con instalación de rego automático, e conta tamén cunha senda peonil, bancos e unha varanda de madeira na zona do parque e do paseo xunto ao río.
Os asistentes recibiron un diploma pola súa participación no obradoiro, ademais dos correspondentes certificados de profesionalidade.
Dende a Xunta salientaron que en setembro abren unha nova edición dos obradoiros duais de emprego, cunha dotación de case 30 millóns de euros, e destinados a 2.000 persoas desempregadas. •

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio