Máis de 6.700 solicitudes nos 6 primeiros meses da Axencia de Colocación da Deputación

Imaxe de arquivo da deputada de Promoción Económica, Sonsoles López Izquierdo, na presentación da Axencia de Colocación do organismo provincial. GPDL

Hai medio ano que a Deputación de Lugo puxo en marcha a Axencia de Colocación, á que definiu como un servizo público e gratuíto de inserción laboral para poñer en conexión a empresas e demandantes de emprego. Nestes seis meses, a Axencia recibiu máis de 6.700 solicitudes, efectuadas por 2.200 lucenses en situación de desemprego, ou que buscaban mellorar a situación laboral. Segundo o balance presentado pola deputada de Promoción Económica, Sonsoles López Izquierdo, foron máis de 150 as persoas que acadaron a súa inserción laboral. A responsable provincial salientou que a media de atención mensual da Axencia foi de 1.100 solicitudes.
Ademais destas xestións, a Axencia de Colocación atendeu e ofreceu asesoramento profesional a preto de 1.200 persoas nas oficinas de San Marcos, e a outras 900 por teléfono. «A atención é individualizada, polo que o servizo resulta máis próximo e humano», precisou. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación investirá preto de 400.000 euros en dúas estradas do Saviñao

Seguinte Nova

15 mozos e mozas formáronse no obradoiro de emprego da Xunta en Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: