Crónica del sur de Lugo

A Deputación investirá preto de 400.000 euros en dúas estradas do Saviñao

• En total, arranxaranse 10 quilómetros de viais provinciais neste municipio do sur lucense

Imaxe da visita do mandatario provincial ao Saviñao, acompañado do alcalde, Joaquín González, e membros da Corporación. GPDL

As melloras na rede de estradas provincial completarase en breve cunha nova actuación no Saviñao. Segundo anunciou o presidente da Deputación, Darío Campos, na súa visita ao municipio a finais de agosto, o ente provincial destinará preto de 400.000 euros para arranxar 10 quilómetros das estradas LU-P-5804 e LU-P-5806. No primeiro vial, vaise mellorar o tramo que pasa por Rebordondiego, Aiaz e Morgade, cun total de sete quilómetros. Na segunda estrada, serán tres quilómetros entre Lamaquebrada e Montecelo. En ambos casos, realizaranse labores de limpeza de cunetas, mellora do pavimento con aglomerado en quente, sinalización horizontal e vertical, e pintado integral das estradas. Darío Campos, que estivo acompañado polo alcalde do Saviñao, Joaquín González, destacou a importancia destas obras para mellorar a seguridade do tráfico nesta zona do sur de Lugo, así como as comunicacións das parroquias coa capitalidade de Escairón.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio