Crónica del sur de Lugo

O Concello de Sarria retirou máis de 90 niños de velutina

• A alcaldesa afirma que o persoal da brigada “está desbordado, mentres a Xunta non fai nada”

Un dos niños de velutina atopados na cornixa dun edificio de vivendas en Sarria. (Foto cedida).

A vespa velutina segue a estar de actualidade no sur de Lugo. O Concello de Sarria eliminou nos meses de verán máis de 90 niños desta especie invasora. A alcaldesa, Pilar López Yáñez, recoñeceu que o persoal da brigada de medio ambiente “está desbordado”, polo crecente número de avisos, e criticou que “a Xunta non está a facer nada, poñendo en perigo aos sarriaos”. López Yáñez denunciou que a asistencia da Xunta limitouse a “só dous traxes e unha pértega, con gran risco para os traballadores, que non teñen ningún tipo de formación” sobre como proceder á retirada dos niños. Yáñez lamentou que “o 012 só avise aos bombeiros en caso de emerxencia”, xa que agora están en servizos mínimos por folga. •

 

 

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio