Crónica del sur de Lugo

130.000 euros para arranxar seis rúas e dúas travesías na contorna da rúa Ourense

• O proxecto tamén acondicionará parte deste importante vial • Os traballos financiaranse con fondos provinciais e do Concello de Monforte

José Tomé deu a coñecer, a finais de agosto, o proxecto de mellora de oito viais entre a rúa Ourense e a de Cobas, xunto ao concelleiro de Servizos, José Luis Losada. GPCM
O Concello de Monforte continúa coa súa programación de mellora dos viais, nesta ocasión na contorna da céntrica rúa Ourense. O alcalde, José Tomé, presentou un novo proxecto para acondicionar os tramos que unen esta rúa coa de Cobas, e que afectan a oito rúas e dúas travesías. Segundo precisou o rexedor, os arranxos realizaranse nas rúas Pantón, Perfecto, Río, Ribas de Sil, Courel e Diego de Lemos, ademais das travesías Conde Froila Díaz e Poeta Pero de Veer. Así mesmo, as obras abranguerán un treito aproximado de 700 metros da propia rúa Ourense, entre a rúa do Río e a rotonda, para acondicionar o firme e varias beirarrúas.
O BARRIO DE COBAS, UNHA ZONA MOI POBOADA
O alcalde salientou a importancia deste proxecto, que ten un importe de licitación de 130.000 euros, financiado ao 60% pola Deputación, e o resto con fondos municipais. “Cobas é unha zona moi poboada da cidade, e que experimentou un crecemento moi importante”, precisou Tomé. O proxecto presentado polo alcalde, e que se vai poñer en marcha en setembro no que atinxe ás travesías, busca “cambiar a totalidade da imaxe desta zona”, e cuxo resultado será “unha mellora integral”, complementaria aos traballos xa desenvolvidos na rúa Cobas.
OBRAS ATA FINAIS DE ANO, CON ANUNCIO DE MÁIS ACTUACIÓNS PARA CHEGAR A 30 RÚAS
A previsión municipal é que as obras na contorna das rúas Ourense e aledañas se inicien entre outubro e novembro.
En canto ás melloras nos viais urbanos, Tomé adiantou que haberá máis proxectos, para renovar ata un total de 30 rúas. Os detalles anunciaranse antes de que remate o ano.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio