Crónica del sur de Lugo

O colexio de Pantón contará este curso cun novo ascensor

• A Consellería completou tamén a renovación das ventás do CEIP Monte Baliño • As obras quedaron rematadas a finais do mes de agosto

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, supervisaron o resultado da renovación das fiestras do CEIP Monte Baliño, o pasado 29 de agosto. GPDTL
O curso estrearase en Pantón con novidades no colexio público. A Consellería de Educación vén de completar as obras de remodelación do CEIP Monte Baliño, coa instalación dun ascensor para comunicar as dúas plantas do edificio. Ademais, procedeuse á renovación das fiestras da primeira planta. O montante global destinado ás obras foi de 63.000 euros.
ASCENSOR PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA
O resultado das actuacións foi supervisado polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na visita do 29 de agosto. Acompañado polo alcalde, José Luis Álvarez, Balseiro lembrou que o novo ascensor xa atenderá ás necesidades dunha persoa con mobilidade reducida, e queda listo para futuros usuarios. Para a súa instalación, houbo que modificar a distribución interior das dúas plantas.
MÁIS BENESTAR NAS AULAS E MÁIS AFORRO NA CALEFACCIÓN
En canto á renovación das ventás, desta volta substituíronse a totalidade de fiestras da primeira planta, co que se completa o cambio xa realizado en anos anteriores na planta baixa. As novas ventás contan cun sistema dotado de illante térmico, o que mellora o confort das aulas, e suporá unha maior eficiencia no referente ao consumo enerxético.
Balseiro lembrou que “a aposta por unha educación pública de calidade refléxase na mellora das condicións dos colexios”. A Xunta leva investidos 400.000 euros no colexio de Pantón dende 2009.•
O novo ascensor dará servizo a persoas con mobilidade reducida no colexio público de Pantón. GPDTL
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EDUCACION

Ir a Inicio