Crónica del sur de Lugo

O Concello solicita á Consellería o recoñecemento dunha marca de calidade para a Rosca de Sober

• Medio Rural comprometeuse a estudar a proposta de Fernández Guitián • O produto artesanal, propio deste municipio, leva 23 anos enxalzándose na Feira da Rosca de Sober

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, o pasado 24 de agosto en Santiago de Compostela. GPXG
 A gastronomía de Sober podería contar cun novo impulso de cara á súa comercialización. Na Consellería do Medio Rural puxeron sobre a mesa o compromiso de estudar a proposta do alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, de outorgar á rosca de Sober unha marca de calidade.
A ROSCA DE SOBER, UN SABOR CON IDENTIDADE NO SUR DE LUGO
Segundo argumentaron dende o Consistorio, a rosca é un produto de elaboración artesanal, con características específicas fronte a outros produtos da contorna. Ademais da súa presenza nos fogares soberinos, a rosca de Sober conta con gran sona en todo o sur de Lugo, grazas, sobre todo, á celebración dende hai 23 anos da Feira da Rosca, o 12 de agosto.
FAVORECER A PROMOCIÓN DA CALIDADE GASTRONÓMICA DOS TERRITORIOS
Dende Medio Rural amosáronse favorables a ter en conta esta proposta, para continuar na liña de promover os produtos agroalimentarios de calidade, e dotalos de ferramentas de promoción que poñan en valor as tradicións vinculadas á gastronomía e ao seu territorio.
APOIO PARA PROMOVER O VIÑEDO EXPERIMENTAL QUE O CONCELLO TEN NOS CHANCÍS
Na reunión que mantiveron en Santiago o 24 de agosto a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Sober,  o rexedor planteou unha batería de propostas vinculadas á protección forestal e a promover a actividade vitivinícola. Neste sentido, Fernández Guitián solicitou a colaboración do departamento autonómico para poñer en valor o viñedo experimental que o Concello ten nos Chancís, nunha parcela de titularidade municipal.
SOBER TEN EN MARCHA VARIAS ACCIÓNS EN MATERIA FORESTAL
No eido forestal, o alcalde demandou a Medio Rural asesoramento para elaborar un plan de defensa de incendios forestais no que está inmerso o Consistorio. A resposta da conselleira foi favorable, e ademais animou ao rexedor a adherir a Sober ao convenio coa Fegamp para a xestión da biomasa en faixas secundarias.
Vázquez aproveitou para felicitar a Sober pola súa iniciativa pioneira de reforestación con especies autóctonas en parcelas que non teñen uso. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio