Crónica del sur de Lugo

Alex Camba, do club Neka, declarado Deportista Galego de Alto Nivel

• Este recoñecemento oficial outorga ao xove taekwondista vantaxes para realizar estudos universitarios e seguir coa competición

Á dereita na imaxe, Álex Camba, co seu adestrador do club Neka, José Mª Vega, e a súa compañeira de club, Elena Varela, que tamén opta á consideración de Deportista Galega de Alto Nivel. (Foto cedida)

O deportista do club Neka de Monforte, Álex Camba, vén de ser declarado Deportista Galego de Alto Nivel. Esta consideración foi outorgada ao monfortino xunto a outros 10 taekwondistas galegos a finais do mes de xullo, por resolución da Secretaría Xeral para o Deporte, logo de valorar a súa traxectoria deportiva.
Deste xeito, Camba poderá acceder a calquer carreira universitaria á marxe da nota de corte, ademais de optar a subvencións e contar con licenzas por competición deportiva para adecuar as datas de exames.
“Moitas veces escoitei á xente dicir que as medallas non servían para nada máis que un recoñecemento momentáneo, e eu dicíalles que se equivocaban”, comentou o adestrador do Neka, José Mª Vega, “e o tempo agora me dá a razón”. O tamén técnico da selección galega puxo en valor o taekwondo porque, “ademais das experiencias vividas, os valores aprendidos ou as amistades, este deporte tamén inflúe positivamente na súas vidas académicas”.
Vega gabou o traballo e a traxectoria de Álex Camba, e destacou que “para min, esta é a miña mellor medalla, e o maior éxito do Neka”. •

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio