Crónica del sur de Lugo

A terceira edición da Heroica reuniu en Doade a preto de 800 nadadores

• A proba de 10.000 metros integra a novena etapa da IV Copa de España de Augas Abertas

Imaxe da entrega de premios en Doade, o 4 de agosto, da III Heroica Gran Premio Deputación de Lugo, coa presenza do deputado de Turismo, Eduardo Vidal, dos alcaldes de Monforte e Sober, e membros da organización. GPDL

• A Ribeira Sacra foi o escenario, o pasado 4 de agosto, da terceira edición da Heroica Gran Premio Deputación de Lugo, que reuniu en Doade a case 800 nadadores. A cifra de participantes incrementouse en máis de 200 respecto á edición anterior, nunha proba que trata de unir deporte e promoción dos atractivos da Ribeira Sacra. “Entre nadadores e acompañantes, sumaron un total de 2.500 persoas que tiveron a oportunidade de coñecer a paisaxe, gastronomía e os viños da Ribeira Sacra”, destacou o deputado de Turismo, Eduardo Vidal. A Deputación de Lugo colaborou con esta edición da Heroica achegando 10.500 euros. “Este evento é unha oportunidade para impulsar o turismo e a economía da zona”, salientou Vidal.

COMPETICIÓNS E TRAVESÍA POPULAR
A xornada do sábado 4 de agosto acolleu un total de catro probas. A competición reina, cun percorrido de 10.000 metros, inclúese dentro da novena etapa da IV Copa de España de Augas Abertas, organizada pola Federación Española de Natación. O triunfo na proba absoluta foi para Roberto Mouriño e Sandra Vidal.
Na competición de 5.000 metros gañou Pablo Galán, quedando segundo o triatleta Javier Gómez Noya, e a absoluta feminina foi para Andrea Domínguez. En 2.500 metros, venceron na absoluta Raúl Civeira e Judith Ignacio. Por último, a travesía popular de 500 metros deu o triunfo a Ernesto Rodríguez e Helena Herreros.
A organización estableceu un servizo de microbuses gratuíto dende os aparcadoiros ata o punto de saída en Doade. O dispositivo de seguridade contou con 30 piragüistas e 15 embarcacións a motor. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio