As pistas de atletismo de Monforte levan xa o nome de Saleta Fernández López

A atleta monfortina Saleta Fernández López, no momento de descubrir a placa que dá o seu nome ás pistas de atletismo de Monforte, o 6 de agosto. EC

O 6 de agosto, o nome de Saleta Fernández López quedou gravado na historia deportiva de Monforte de Lemos. As pistas de atletismo da Pinguela lucen unha placa co nome da xove atleta monfortina, en recoñecemento á súa exitosa traxectoria. No descubrimento da placa, o alcalde, José Tomé, gabou a carreira de Saleta, e transmitiu o orgullo dos monfortinos por contar con esta deportista de primeiro nivel. O rexedor local salientou que a placa, ademais do nome completo da atleta monfortina, vai destacada coa silueta dun dos saltos realizados en competición, tomada dunha fotografía real. Ademais, Tomé augurou «moitos e máis importantes éxitos» a Saleta, xa que «aínda é moi nova», e «xa sabemos que se poden conseguir medallas olímpicas con 40 anos», en referencia aos logros de Ruth Beitia, a saltadora que foi ouro nos Xogos Olímpicos de 2016, ademais de ser amiga persoal e referente deportivo da monfortina.

Saleta Fernández López, xunto á placa coa que dá nome ás pistas de atletismo da Pinguela, posa co alcalde, membros da Corporación local, familiares e amigos, o 6 de agosto. EC

Pola súa banda, Saleta Fernández López tivo agradecementos para a Corporación local, por propoñer e votar a decisión de dar o seu nome a estas instalacións deportivas. Tamén deu as gracias á súa familia, presentes no acto da Pinguela, por acompañala en todas as competicións. Así mesmo, a deportista tivo palabras de agradecemento para todos os adestradores que a respaldaron nestes anos de dedicación ao atletismo. A saltadora amosou o seu «orgullo por poder levar o nome de Monforte polo mundo» nas sucesivas competicións. En febreiro deste ano, Saleta Fernández López proclamouse campiona de España absoluta de salto de altura. •

A placa que o Concello de Monforte instalou nas pistas de atletismo da Pinguela representa á saltadora monfortina en plena competición. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cultura e lecer no Campo de Traballo San Lourenzo, na Pobra do Brollón

Seguinte Nova

A terceira edición da Heroica reuniu en Doade a preto de 800 nadadores

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: