Crónica del sur de Lugo

Cultura e lecer no Campo de Traballo San Lourenzo, na Pobra do Brollón

O delegado da Xunta en Lugo, acompañado polo alcalde da Pobra do Brollón, visitou aos participantes no Campo de Traballo do Castro de San Lourenzo, o 2 de agosto. GPDTL

Un total de 15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, procedentes de varios puntos de Galicia, España e o estranxeiro, participaron nas actividades do Campo de Traballo Castro de San Lourenzo, na Pobra do Brollón. Esta actividade ten un carácter fundamentalmente cultural e arqueolóxico, co obxectivo de poñer en valor a contorna do Castro de San Lourenzo, así como da Romaría tradicional na honra deste santo, que se celebra o 10 de agosto.
No Castro de San Lourenzo estase a levar a cabo unha escavación arqueolóxica, o que permitiu que os participantes no Campo de Traballo adquirisen coñecementos relativos a esta especialidade científica. Ademais, os voluntarios levaron a cabo tarefas de acondicionamento da contorna, retirando vexetación e limpando os camiños.
Como sucede neste tipo de programacións, os voluntarios puideron tamén desfrutar do seu tempo libre con actividades complementarias. O programa ofreceulles a posibilidade de visitar adegas, realizar diversos obradoiros e realizar un tramo do Camiño de Santiago. •

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio