Crónica del sur de Lugo

Folgoso estrea o novo Centro de Interpretación das Covas do Courel

A alcaldesa de Folgoso, Lola Castro, acompañada, entre outros, polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o xerente do GDR Ribeira Sacra-Courel, Martín Alemparte, e o secretario xeral de Agader, Severino Álvarez, na inauguración do Centro, o 21 de xullo. GPDTL

O Courel vén de lograr un novo fito na posta en valor do territorio, cunha iniciativa que dará máis impulso á candidatura de Montañas do Courel a Xeoparque Mundial da Unesco. A finais de xullo, quedou inaugurado na parroquia de Meiraos o Centro de Interpretación das Covas do Courel, que constituirá unha cita ineludible para coñecer estas formacións naturais de gran singularidade.
COMO SE FORMARON AS COVAS DO COUREL, E POR QUE SON TAN ESPECIAIS
O Centro, situado nun local social reformado na parroquia de Meiraos, ofrece ao visitantes a posibilidade de achegarse, a través de diversos enxeños e tecnoloxías audiovisuais, á historia paleontolóxica e arqueolóxica das covas do Courel. Tamén dá unha ampla visión das características da súa flora e fauna, ao tempo que desvela as claves do gran atractivo destas covas para os espeleólogos.
O Centro de Interpretación das Covas do Courel contou cun investimento total de 75.000 euros, dos que 40.000 proceden do convenio entre a Consellería de Cultura e Agader. Outros 24.000 euros foron aportados polo GDR Ribeira Sacra-Courel, e o resto corresponde a fondos propios do Concello. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio