• Dende a organización e a Deputación de Lugo, principal patrocinador público do evento, amosáronse satisfeitos polas cifras rexistradas durante esta celebración, a finais de xullo. O Festival reuniu a preto de 4.000 persoas, cubriu a totalidade das prazas hoteleiras da cidade do Cabe, e esgotou as prazas de acampada ofrecidas no Concello de Sober. Ademais, o evento xerou 79 empregos, cun impacto económico de 250.000 euros, segundo afirmaron o director do Festival, Carlos Montilla, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos.
Os responsables deste evento sinalaron que o 16% dos asistentes procedía de fóra de Galicia. Da nosa comunidade, Lugo foi a provincia que aportou un maior número de participantes, co 30% do total, seguida por A Coruña e Pontevedra, cun 24% cada unha. Dende a organización destacaron que para o 80% dos asistentes, era a súa primeira participación neste Festival, o que permitiu valorar moi positivamente o efecto imán que ten o evento para atraer xente ao sur de Lugo.
En canto ao volume de negocio, a organización calculou uns 250.000 euros no total dos tres días de duración, cun gasto por persoa de 70 euros no propio evento, e unha media de 180 euros durante os tres días.
Así mesmo, a satisfacción dos asistentes foi moi alta, ata o punto de que o 100% dos enquisados afirmou que volverán á Ribeira Sacra en calquer momento do ano.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,
Este luns, 1 de abril, abre o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona da Xunta
Remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte, e propón a
A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra organizou unha xornada para presentar propostas para a elaboración do
Desde a Xunta de Galicia, os populares galegos apoian o investimento, mentres nacionalistas e socialistas móstranse