Crónica del sur de Lugo

Rematou en Monforte o curso de autoemprego da Fundación Incyde

A clausura do curso desenvolvido na Unidade de Acción Formativa de Monforte contou coa presenza do conselleiro de Economía, Francisco Conde, o 1 de agosto. GPXG

Monforte de Lemos vén de acoller unha nova iniciativa para fomentar o emprendemento a través da formación. A comezos de agosto, remataba na cidade do Cabe un curso sobre autoemprego e consolidación empresarial, que a Fundación Incyde, en colaboración coa Xunta de Galicia, desenvolveu na Unidade de Acción Formativa. Monforte foi unha das 12 sedes de Galicia nas que se impartiu esta actividade.

A FORMACIÓN, “O CAMIÑO PARA O EMPREGO”
A entrega dos diplomas aos participantes tivo lugar o primeiro de agosto, coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. O titular autonómico salientou a importancia de que a formación para o emprendemento alcance ao ámbito rural. Conde insistiu en que a mellora da cualificación “é o camiño para o emprego”, xa que resulta imprescindible para poder atopar oportunidades laborais.
Francisco Conde lembrou en Monforte as diversas iniciativas coas que colabora a Xunta de Galicia para promover o emprendemento. O conselleiro destacou o plan Galicia Emprende, ou a rede de Espazos Coworking, que tamén funciona en Monforte.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
Ir a Inicio