Crónica del sur de Lugo

Aprobados outros 93.000 euros da Deputación para estradas en Láncara

• O organismo provincial xa destinara 300.000 euros para acondicionar o vial entre A Pobra de San Xiao e Carracedo

Imaxe de arquivo da visita que realizou recentemente a Láncara o presidente da Deputación, Darío Campos. GPDL

Os investimentos provinciais na mellora de estradas en Láncara incrementouse o mes pasado, cunha nova achega de case 93.000 euros. O deputado Pablo Rivera explicou que esta partida, aprobada en Xunta de Goberno a finais de xullo, permitirá rehabilitar o firme en varios tramos de dúas estradas importantes nas comunicacións deste municipio.

ESTRADA DENDE VEIGA DE ANZUELOS A BANDE
Segundo precisou Rivera, o organismo provincial actuará nun tramo de 800 metros, ao inicio da LU-P-2704, da Veiga de Anzuelos, por Trasliste, a Bande. Estas obras facilitarán a circulación neste vial que dá acceso á N-VI e á A-6, e beneficiará aos máis de 250 veciños da contorna. Rivera precisou que a Deputación xa ten arranxado este mesmo vial no tramo de catro quilómetros de Bande a Toirán.

ARRANXO DA LU-P-5706
Ademais, o organismo provincial vai arranxar un total de 2,6 quilómetros da LU-P-5706 de Morelle a Seteventos-Monseiro, entre os puntos quilométricos 5,1 e 7,7. O deputado lancarés salientou que estas melloras suporán un beneficio para os máis de 200 veciños de tres parroquias deste municipio. Ademais, é unha estrada de importancia intermunicipal, por ser o principal acceso ao concello de Sarria.
Pablo Rivera detallou que o proxecto inclúe a limpeza de cunetas, o acondicionamento do firme con aglomerado en quente, a mellora da sinalización vertical e o repintado da estrada.
O deputado salientou que estas accións veñen sumarse ao recente arranxo da LU-P-2703 entre A Pobra de San Xiao e Carracedo, para o que a Deputación destinou máis de 300.000 euros. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio