O programa Lugo Termal 2018 chega ás 1.000 prazas

O presidente da Deputación, Darío Campos, na presentación da nova edición do Lugo Termal. GPDL

A Deputación de Lugo vén de aprobar un total de 1.000 prazas para o Lugo Termal 2018, un programa de benestar saudable que ofrece estadías e tratamentos con descontos para maiores de 55 anos en balnearios da provincia. Deste xeito, o programa suma 400 prazas máis que nas anteriores convocatorias.
O programa Lugo Termal 2018 desenvolverase entre outubro deste ano e xuño de 2019, nos balnearios de Augas Santas, en Pantón,  Río Pambre, en Palas de Rei, Balneario de Guitiriz, e Termas Romanas en Lugo.
Nas seis edicións do Lugo Termal, participaron máis de 6.200 persoas, que se beneficiaron dos descontos de máis de 60 euros por persoa que ofrece a Deputación para tratamentos e estadías nestes balnearios. Este ano, a Deputación destinará 60.500 euros para subvencionar o programa termal.
O prazo para inscribirse nesta edición abrirase no mes de setembro. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

19 voluntarios participan en Pantón no Campo de Traballo da Rota do Románico

Seguinte Nova

Convenio entre Deputación e Concello para mellorar 24 rúas en Monforte de Lemos

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: