Crónica del sur de Lugo

Quiroga enxalza os seus produtos na XXVII Mostra do Mel o 10 de agosto

• A tradicional cita inclúese na programación das Festas do Verán, que enchen Quiroga de actividades do 8 ao 12 de agosto

A XXVII Mostra do Mel de Quiroga ofrece aos visitantes diversos produtos da comarca quiroguesa, como o propio mel, o aceite, os licores e os marmelos, entre outros. Arquivo EC

Dentro do calendario festivo do sur de Lugo, agosto propón as Festas do Verán de Quiroga. Case unha semana de actividades musicais, deportivas e culturais, sen esquecer a gastronomía, que teñen o seu día grande o venres 10 de agosto, coa XXVII Mostra do Mel.

SABORES, XOGOS E MÚSICA NA XORNADA DA MOSTRA DO MEL
Media ducia de apicultores terán á venda os seus produtos a partir das 12 horas, co acompañamento do grupo de música tradicional Os Palletas. Os visitantes poderán coñecer e adquirir o mel das terras quiroguesas, producido polos apicultores Isabel Marcos López, de A Ponte Rodela; Manuel Macía González, de As Estradas; Ángel Gómez Martínez, de Paradapiñol; Pedro Soto Losada, de O Ibedo; Manuel Macía Castiñeira, de Quiroga, e Rubén Figueroa López, de Sequeiros. Ademais, a xornada animarase coa feira e mercado do mes.
Na tarde do día 10, a animación seguirá ás sete, co IV Torneo Street Soccer no Parque da Constitución. Neste mesmo emprazamento, e dende as 21,30, terá lugar a XIII Festa da Comunidade. A xornada pecharase cunha actuación do grupo Camelia, dende as once da noite.

A PANORAMA ABRE AS FESTAS DO VERÁN
Entre as diversas actividades das Festas do Verán, está incluída a actuación en Quiroga da Orquestra Panorama, o mércores 8 de agosto, a partir das 23 horas.

FESTA DA XUVENTUDE E DA CERVEXA ARTESÁ
O xoves día 9, a música virá da man da Banda Folk de Ribas de Sil, que dará un concerto na Praza de España de Quiroga ás 23 horas. Antes, terá lugar a Festa da Xuventude e da Cervexa Artesán, na Praza de España dende as sete da tarde, con música de d’j e peche de madrugada co grupo Carta de Ajuste.

A FESTA CONTINÚA NA FIN DE SEMANA
O sábado 11 de agosto, presentarase o FC Quiroga para a tempada 2018-2019, ás seis e media no campo de San Martiño. O concurso de Pinta con Xiz no Chan celebrarase na Praza de España ás oito, e a continuación daranse os premios do Certame de Debuxo Infantil. Pola noite, haberá unha festa popular co grupo Podium e verbena co grupo Atenas.
O domingo iniciarase con alboradas a cargo da Banda de Música de Chantada, que ofrecerá un concerto diante do Concello ás 13,30. Pola noite, logo da festa popular co grupo Samba, ás doce terá lugar o concerto de música tradicional a cargo do grupo Treixadura. A xornada rematará coa verbena do grupo Samba. •

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir a Inicio