A golfista sueca Johanna Gustavsson arrasou no 6º Ribeira Sacra International Ladies Open

• A proba disputada en Pantón reuniu este mes a preto de 130 xogadoras de máis de 26 países

Gustavsson, de 25 anos, logrou en Pantón a súa primeira victoria nas probas de acceso ao Circuíto Europeo de Golf Feminino. (Fotos: Aníbal González Gambito).
O trofeo da sexta edición do Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade International Ladies Open de Golf foi para Suecia. A golfista Johanna Gustavsson proclamouse gañadora da proba disputada en Pantón a comezos deste mes, estreándose como triunfadora nesta cita, a única en España da rolda de acceso ao Circuíto Europeo de Golf Feminino.
SOLIDEZ E CALIDADE DE XOGO DA TRIUNFADORA
A sueca impúxose con forza ás rivais directas, con 194 golpes totais. Segundo destacaron dende a organización, a competición deu moita marxe á sueca, que ofreceu en Augas Santas toda unha mostra da súa solidez e calidade de xogo. Ademais, Johanna Gustavsson non realizou un só bogey nos 54 hoyos disputados nos tres días de competición.
A segunda praza do Ribeira Sacra Open estivo moi reñida, e finalmente quedou en mans da francesa Astrid Vayson, con 200 golpes, a só un golpe da xove golfista española Eun Jung Ji Kim, que rematou a proba de Augas Santas con 201 golpes. •

Doble proba de golf de nivel internacional en Pantón

•Con carácter previo á disputa da única proba en España de acceso ao circuíto europeo feminino, Augas Santas acolleu o torneo Pro-Am do Ribeira Sacra Open

Entrega dos premios ás gañadoras do Pro-Am coa presenza do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; o alcalde de Monforte, José Tomé; o presidente da Federación Española de Golf, Gonzaga Escuriaza; o presidente da Federación Galega de Golf, Daniel Fernández; o director xeral de Oca Hotels, Ramón Braña, e o director de Augas Santas, Santiago Villanueva. (Foto: F.Varela)
As instalacións de Augas Santas abriron o verán cunha dobre competición de nivel internacional. Con carácter previo ao Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade International Ladies Open, celebrouse en Pantón o 3 de xullo o torneo Pro-Am, no que tomaron parte 21 equipos, formados por unha xogadora profesional e tres amateurs. A proba disputouse en scramble 4 xogadores Medal Play Handicap.
PULPADA TRADICIONAL AO REMATE DA XORNADA
O primeiro posto correspondeu ao equipo liderado pola barcelonesa Camilla Hedberg, con 51 golpes netos, e que estivo acompañada polos amateurs Javier de la Cerda, Francisco J. González e María Jesús Barrios. Pola súa banda, o equipo encabezado pola francesa Marion Duvernay, gañadora do Ribeira Sacra International Ladies Open en 2016, logrou o segundo posto. O terceiro clasificado foi o equipo da xogadora de Xabia, Natasha Fear.
A xornada rematou cunha romaría con pulpada nos xardíns do hotel Oca Augas Santas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte recoñeceu o esforzo e triunfos de dous destacados deportistas

Seguinte Nova

250 participantes no III Quiroga Night Trail

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: