A Xunta define unha ducia de Itinerarios de Interese Paisaxístico no sur de Lugo

Presentación dos Itinerarios de Interese Paisaxístico, coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, a finais do mes pasado. GPXG

Segundo precisou a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, esta Rede de Itinerarios Paisaxísticos, elaborada polo Instituto de Estudos do Territorio, recoñece tres categorías: unha, para itinerarios naturais ou ecolóxicos; outra, de tipo cultural ou patrimonial; e unha terceira para itinerarios estéticos e panorámicos.
No sur de Lugo, definíronse varios itinerarios. Dentro dos paisaxístico-ecolóxicos, está o Val do Asma, cunha lonxitude de 10,3 quilómetros, o monte Oribio en Triacastela, cunha lonxitude de case 23 quilómetros, o itinerario natural do Encoro de Vilasouto, con 14,6 quilómetros, a Ruta do Campo de Seixo, en Folgoso do Courel, de 12 quilómetros, a do Val do río Lóuzara, de case 20 quilómetros, ademais da Ruta do Ferro polo Incio, con preto de 15 quilómetros, e a Ruta do río Pequeno en Seoane do Courel, con 13 quilómetros.
Na categoría de itinerarios culturais e patrimoniais, sitúase a Ruta Circular por Pantón, de 13,45 quilómetros.
Dentro dos itinerarios panorámicos, pensados para facer por estrada, definiuse o de Chantada á Ponte Nova dos Peares, con 38 quilómetros, o de vai de San Vicente en Monforte ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil por 77,94 quilómetros, o itinerario do Incio ao Miradoiro do Teso Grande, con 56,57 quilómetros e a ruta de Pedrafita a Samos, de 37,45 quilómetros.
Para acceder aos detalles, a Xunta ofrece un visor xeográfico no enlace http://mapas.xunta.gal/visores/itinerarios/. •

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada afondou na súa identidade cultural nas II Xornadas do Folión de Carros

Seguinte Nova

O Concello de Monforte recoñeceu o esforzo e triunfos de dous destacados deportistas

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: