Crónica del sur de Lugo

Chantada afondou na súa identidade cultural nas II Xornadas do Folión de Carros

A deputada de Cultura, Pilar García Porto, na inauguración da mostra fotográfica “No carro un latexar”, de Lydia Castro, que pode verse no Auditorio Municipal ata o 26 de agosto. GPDL

A vila de Chantada reflexionou sobre unha das mostras etnográficas máis senlleiras de Galicia nas II Xornadas do Folión de Carros. Ao longo do sábado 7 de xullo, tiveron lugar no Auditorio Municipal diversos coloquios e mesas redondas en torno a esta celebración. O profesor da Universidade de Valladolid Celso Almuíña abriu as Xornadas coa conferencia inaugural sobre tradicións e modernidade. A primeira das mesas versou sobre o patrimonio e a etnografía na Ribeira Sacra do Miño, coa participación de representantes de diversas asociacións culturais da contorna, así como de colectivos e empresas do eido turístico. Os animais de tiro no Folión protagonizaron a segunda das mesas redondas. O coloquio da tarde sobre a historia e valores do Folión contou coa presenza de carroceiros de varias xeracións.
A xornada serviu para inaugurar a mostra fotográfica “No carro un latexar”, de Lydia Castro, e para presentar o video-documental da pasada edición do Folión, dirixido e producido por Alberto Alcántara. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio