Crónica del sur de Lugo

Presentan o proxecto da residencia da Pobra do Brollón, que dará servizo a 30 maiores

• A Deputación comprometeuse a financiar a redacción do proxecto e aportar 1.200.000 euros ata 2019 • O Concello achegará os terreos, así como a licenza e unha aportación de 200.000 euros

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o alcalde da Pobra do Brollón, José Luis Maceda Vilariño, na presentación do proxecto da residencia de maiores, a comezos deste mes. GPDL
A comezos deste mes, tivo lugar a presentación do proxecto da residencia de maiores da Pobra do Brollón, unha iniciativa da Deputación de Lugo en colaboración co Concello, e que permitirá atender profesionalmente a 30 maiores.
600.000 EUROS DA DEPUTACIÓN XA ESTE ANO
O presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, e o alcalde da Pobra do Brollón, José Luis Maceda Vilariño, deron a coñecer as características que terá a nova infraestrutura social, así como o reparto de fondos e aportacións para facer realidade este servizo. Campos Conde salientou que a Deputación farase cargo da redacción do proxecto, e achegará tamén 1.200.000 euros para a súa construción. Esta partida distribuirase en dúas anualidades, con 600.000 euros este mesmo ano, e os restantes 600.000 en 2019.
Pola súa banda, corresponderá ao Concello da Pobra do Brollón achegar os terreos que considere oportunos para ubicar a residencia, conceder a licenza de obra e destinar unha achega económica de 200.000 euros.
18 CUARTOS CON BAÑO ADAPTADO
Cunha superficie construída de preto de 1.779 metros cadrados en dúas plantas, o edificio contará cunha área residencial na planta baixa, na que irán 18 cuartos dotados con baño adaptado. Tamén terá dúas habitacións de enfermería, sala de curas, despacho médico e baño asistido. Esta planta, de 1.531 metros cadrados, tamén acollerá as oficinas, a zona de convivencia, o comedor e a cociña.
A planta de semisoto, con 277 metros cadrados, conterá espazos de almacén, lavandería, vestiario e locais técnicos.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio