13 mozos e mozas participaron en Quiroga na nova edición do Xeocampo internacional

•Procedentes de Rusia e Francia, así como de diversas localidades de España e de Galicia

Participantes no Xeocampo de Quiroga durante a visita da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, acompañada polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e a concelleira Rosa Arza, o pasado 6 de xullo. GPXG
 Un total de 13 mozos e mozas de entre 19 e 27 anos participaron no Xeocampo de Quiroga. Esta iniciativa, organizada polo Concello de Quiroga en colaboración coa Consellería de Política Social, desenvolveuse entre os días 1 e 12 de xullo.
Os participantes neste Xeocampo internacional procedían de Rusia e Francia, así como de Castellón, Granada, País Vasco e diversas localidades de Galicia. Durante a súa estadía en Quiroga, os mozos e mozas estiveron aloxados no Albergue Municipal.
TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO, E TAMÉN DE PROMOCIÓN DO TERRITORIO NAS REDES
O Xeocampo internacional permitiu aos participantes disfrutar da natureza e do patrimonio, ao tempo que desenvolveron diversas tarefas. Segundo informaron dende o Concello, os voluntarios do Xeocampo acondicionaron zonas verdes da vila, e procederon á limpeza dunha abellariza tradicional ao carón da estrada entre Quiroga e Cruz de Outeiro, preto de Bustelo de Fisteus. Ademais, puxeron en marcha unha canle de YouTube no que promocionar o municipio de Quiroga, e dar o seu apoio á candidatura do Xeoparque Montañas do Courel para ser recoñecido pola Unesco. •

Axenda de actividades en Quiroga para todos os públicos

O Concello de Quiroga propón unha ampla axenda de eventos para os meses de verán, e destinados ao lecer de públicos de todas as idades.
CULTURA
A cultura ocupa un importante espazo na programación de Quiroga. Ata o 19 de xullo puido verse a exposición itinerante “Fotoxénica-Mente”, promovida polo colectivo Albores, e que leva dende decembro de 2017 percorrendo os once concellos do sur lucense nos que este colectivo exerce a súa actividade. En agosto, a mostra achegarase ao veciño municipio de Ribas de Sil.
O 25 de xullo, o Concello de Quiroga celebrará a tradicional recepción con motivo do Día de Galicia. Xa en agosto, a vila quiroguesa acollerá o XVIII Encontro de Poetas Val de Quiroga.
DEPORTE E LECER PARA OS MÁIS NOVOS
Xullo está a ser o mes do deporte en Quiroga. O fútbol sala masculino e feminino contou con cadanseu torneo de verán, e houbo espazo para a formación e o achegamento ao deporte, da man dos campus de fútbol e de voleibol celebrados en Quiroga. Ademais, o día 30 iniciaranse os traballos de pretempada dos xuvenís e dos seniors do FC Quiroga.
De luns a venres, e ata finais de agosto, están en marcha os Campamentos de Verán, deseñados para nenos e nenas de 3 a 12 anos, como unha opción de lecer saudable que permite tamén a conciliación familiar e laboral. Os Campamentos de Verán inclúen xogos, manualidades, obradoiros e actividades de concienciación para a reciclaxe, ademais de actividades na piscina municipal de Quiroga.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación restablece no Incio o acceso á parroquia de Trascastro

Seguinte Nova

Presentan o proxecto da residencia da Pobra do Brollón, que dará servizo a 30 maiores

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: