A Deputación restablece no Incio o acceso á parroquia de Trascastro

• Con 40.000 euros para resolver os danos causados polas fortes chuvias de finais de xuño

O deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, supervisou coa alcaldesa do Incio, Laura Celeiro, os traballos na estrada municipal de Trascastro, o 10 de xullo. GPDL
A estrada municipal que dá entrada á parroquia de Trascastro, no Incio, vén de ser reacondicionada, logo dos danos sufridos polas chuvias de principios do verán. Os traballos son financiados pola Deputación de Lugo cunha achega de 40.000 euros, coa que se restablecerá a comunicación deste vial, beneficiando a preto de 20 familias deste núcleo do Incio.
O deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, desprazouse ata O Incio para supervisar as obras, que inclúen a construción de muros de contención para impedir novos desprendementos de terra e caída de árbores, ademais da reposición do firme e da colocación de varandas en varios tramos.
“RESPOSTA INMEDIATA” ANTE UNHA DEMANDA DE EMERXENCIA
Santos destacou a “resposta inmediata” que ofrece a Deputación aos veciños desta zona, restablecendo as comunicacións na única estrada que comunica coa parroquia de Trascastro, e “garantindo aos veciños a circulación con seguridade”.
Pola súa banda, a alcaldesa do Incio, Laura Celeiro, agradeceu “a colaboración da Deputación cos veciños deste municipio”, dando resposta ás súas demandas. Celeiro destacou a actuación provincial, “neste caso de emerxencia, xa que o estado do vial de Trascastro dificultaba o tráfico rodado desta zona”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As igrexas do Camiño Francés amplían o horario de visitas neste verán

Seguinte Nova

13 mozos e mozas participaron en Quiroga na nova edición do Xeocampo internacional

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: