Novos investimentos da Deputación en estradas por 1,3 millóns de euros

• Entre as actuacións, aprobáronse arranxos en viais de Bóveda, O Páramo e Carballedo

O presidente da Deputación de Lugo avanzou en rolda de prensa os novos investimentos en melloras de estradas, o 13 de xullo. GPDL
O Goberno provincial vén de aprobar este mes novos investimentos de preto de 1,3 millóns de euros para accións de mellora nun total de 21 estradas que transcorren por nove concellos lucenses.
O presidente da Deputación, Darío Campos, deu a coñecer en rolda de prensa os detalles destas actuacións, que se concretarán nunha extensión total de 44 quilómetros de estradas nos municipios de Alfoz, Bóveda, Palas de Rei, Antas de Ulla, Carballedo, Lugo, Vilalba, As Nogais e O Páramo. O mandatario provincial lembrou que estas obras responden «á liña marcada para que a de Lugo sexa unha Deputación social, rural e coas persoas», mellorando as infraestruturas e os servizos para todos os veciños dos 67 concellos da provincia.
ARRANXOS EN DÚAS ESTRADAS EN BÓVEDA
No sur de Lugo, a Deputación destinará 101.277 euros para acondicionar un total de 2,65 quilómetros en dúas estradas de Bóveda. Unha das accións realizarase na LU-P-0907 dende Teilán ata o límite provincial, nos primeiros 350 metros. A outra actuación mellorará un tramo inicial de 2,3 quilómetros da LU-P-0905 entre Bóveda e Martín.
EN CARBALLEDO, MELLORA EN 6,8 QUILÓMETROS DE DÚAS ESTRADAS, E 2,2 QUILÓMETROS NO PÁRAMO
No municipio de Carballedo, a Deputación investirá 181.214 euros para arranxar 6,8 quilómetros en dous viais. Na LU-P-1003 entre Cartelos e o límite coa provincia de Ourense acondicionaranse os 4,5 primeiros quilómetros, mentres que na LU-P-1008 entre Tolda por Agrexán a Agrosantiño traballarase na mellora de 2,3 quilómetros do arranque do vial.
Así mesmo, en O Páramo arranxaranse con 81.631 euros 2,2 quilómetros da estrada LU-P-4203 de Pacios a Trebolle.
COMPRA DE PARCELAS PARA ARRANXOS EN PARADELA
Campos Conde tamén anunciou a adquisición por mutuo acordo de tres parcelas en Paradela, cunha superficie de 3.133 metros, para executar melloras na estrada LU-P-4206 de O Loio a San Facundo. A compra supón un investimento de 8.300 euros, e as obras outros 80.000.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Observadores da Unesco visitaron o Courel para avaliar a candidatura a Xeoparque

Seguinte Nova

Máis dun millón de euros para mellorar 108 pistas do rural de Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: