Crónica del sur de Lugo

Bóveda celebra a XVI Feira Tradicional Outrora en Rubián

• A cita coa recreación dunha feira galega de finais do século XIX e comezos do XX será o sábado 14 de xullo

Os oficios tradicionais e a ambientación do tránsito entre os séculos XIX e XX caracterizan a Feira Outrora de Bóveda. Arquivo EC

O vindeiro 14 de xullo, Bóveda recuperará o sabor das antigas feiras galegas do periodo entre o século XIX e o XX. A XVI Feira Tradicional Outrora de Rubián reunirá os diversos oficios de sempre que tiñan presenza das feiras en torno ao ano 1.900, con demostracións en directo, venda de produtos e utensilios, no marco dunha ambientación propia da época.
A gañadora do Concurso de Carteis da Feira Outrora, Sheila Pérez González, deseñadora de interiores de Monforte, posa co seu traballo, xunto ao alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e a concelleira de Cultura, Cristina Juíz. (Foto cedida).
IV CONCENTRACIÓN VEHÍCULOS ANTIGOS
A apertura dos stands da XVI Feira Tradicional Outrora de Rubián será ás dez da mañá, e a continuación arrancarán os pasarrúas da Banda de Gaitas Municipal, que amenizarán a contorna da feira de Rubián a partir das once. O Grupo Infantil de Danza Tradicional de Bóveda ofrecerá unha actuación ás once e media.
Xa ás doce, veciños e visitantes poderán ver os máis singulares modelos de automoción na IV Concentración-Exhibición de Vehículos Antigos. A música regresará ás doce e media, coa actuación da Banda de Música de Foz.
O núcleo de Rubián concentra as celebracións da XVI Feira Tradicional Outrora de Bóveda, que terá lugar durante toda a xornada do sábado 14 de xullo.Arquivo EC
LECER INFANTIL E RECREACIÓN DA MALLA
Pola tarde, a partir das catro, desenvolveranse diversos obradoiros artesanais para os máis cativos, e ás cinco e media terá lugar a Festa da Espuma. Máis tarde, cara ás seis e media, poderase desfrutar de xogos tradicionais interxeracionais.
No último tramo do sábado 14 de xullo, actuará a Coral Municipal de Bóveda ás oito, para dar paso á recreación etnográfica da Malla, ás oito e media. Logo do peche dos stans, haberá unha degustación do isco no guizo, ás dez e media, para continuar con música a partir das once. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

     
Ir a Inicio