8.000 euros da Deputación para arranxar a igrexa de Sabadelle en Chantada

• O templo está ubicado no Camiño de Inverno •A axuda forma parte do Plan Estratéxico de Turismo da Deputación

O presidente da Deputación, Darío Campos, visitou este mes a igrexa de Santa María de Sabadelle, acompañado por veciños da parroquia. GPDL

A Deputación de Lugo, a través do Plan Estratéxico de Turismo, destinará unha achega de máis de 8.000 euros para arranxar a igrexa de Santa María de Sabadelle, en Chantada. O templo, situado no Camiño de Inverno, data de mediados do século XIX. Na actualidade, este espazo monumental presenta un importante deterioro no muro que rodea a igrexa, con risco de derrubamento.
O presidente da Deputación, Darío Campos, achegouse ata Eirexe para coñecer o estado desta edificación, acompañado por veciños e representantes da Diócese. Os presentes agradeceron a colaboración do organismo provincial, “xa que a Deputación foi a única administración que escoitou e respondeu a esta demanda veciñal”.
Os arranxos fianciados polo organismo provincial consistirán na reconstrución do muro, ademais de electrificar o sistema das campás, e instalar unha nova agulla dos minutos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Entregados en Pantón os diplomas do obradoiro de emprego da Xunta

Seguinte Nova

Cen retratos do monfortino Roberto González Fernández enchen os museos da Rede Provincial

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: