Crónica del sur de Lugo

8.000 euros da Deputación para arranxar a igrexa de Sabadelle en Chantada

• O templo está ubicado no Camiño de Inverno •A axuda forma parte do Plan Estratéxico de Turismo da Deputación

O presidente da Deputación, Darío Campos, visitou este mes a igrexa de Santa María de Sabadelle, acompañado por veciños da parroquia. GPDL

A Deputación de Lugo, a través do Plan Estratéxico de Turismo, destinará unha achega de máis de 8.000 euros para arranxar a igrexa de Santa María de Sabadelle, en Chantada. O templo, situado no Camiño de Inverno, data de mediados do século XIX. Na actualidade, este espazo monumental presenta un importante deterioro no muro que rodea a igrexa, con risco de derrubamento.
O presidente da Deputación, Darío Campos, achegouse ata Eirexe para coñecer o estado desta edificación, acompañado por veciños e representantes da Diócese. Os presentes agradeceron a colaboración do organismo provincial, “xa que a Deputación foi a única administración que escoitou e respondeu a esta demanda veciñal”.
Os arranxos fianciados polo organismo provincial consistirán na reconstrución do muro, ademais de electrificar o sistema das campás, e instalar unha nova agulla dos minutos. •

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio