Crónica del sur de Lugo

As 12º Xornadas Xurídicas estiveron adicadas á responsabilidade civil nas diferentes áreas

Á inauguración das XII Xornadas Xurídicas, o 15 de xuño, asistiron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde; o presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas; e a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, entre outros. GPXG

Sarria volveu a ser a capital do dereito en Galicia, coa celebración das XII Xornadas Xurídicas Román García Varela. Nesta edición, as ponencias e mesas redondas centráronse no presente e futuro da responsabilidade civil.
A ponencia inaugural estivo a cargo, o venres 15 de xuño, do presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas. A apertura das XII Xornadas Xurídicas, que se celebraron na Casa da Cultura de Sarria, asistiu o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O mandatario autonómico salientou o “compromiso de Galicia co sistema xudicial”, que se materializou na posta en marcha de melloras a nivel tecnolóxico e na construción de novas infraestruturas xudiciais. “Cando as bisagras da cooperación institucional están ben engraxadas o poder xudicial funciona con máis independencia, máis eficacia e máis eficiencia”, precisou Núñez Feijóo.
Na primeira xornada deste evento xurídico tamén participou o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde. O titular provincial agradeceu “o compromiso de Román García Varela” por ter impulsado este encontro “de relevancia estatal”, que consigue poñer a Sarria e á provincia de Lugo “nun mapa no que non é nada fácil situarse”.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio