Crónica del sur de Lugo

Natureza, diversión e deporte daranse a man o 7 de xullo na nova edición do Night Trail de Quiroga

•O III Night Trail de Quiroga pode desfrutarse en modalidade andaina, ou en carreira a través de rutas naturais

Imaxe da saída da pasada edición do Night Trail de Quiroga. (Foto cedida).
Quiroga vén de organizar unha nova cita co deporte, que conxuga diversión e natureza. O vindeiro 7 de xullo terá lugar a terceira edición do Night Trail, unha carreira nocturna con varias modalidades que combina itinerarios urbanos con incursións no monte.
O 80% DO PERCORRIDO É POR PISTAS E SENDEIROS NATURAIS
O III Night Trail ofrece un percorrido de 10 quilómetros, que se pode realizar como andaina ou en modalidade trail, e outro itinerario de 21 quilómetros, só para trail. O 80% do percorrido do III Night Trail trascorre por pistas e sendeiros fóra do ámbito urbano, o que fai máis atractiva a experiencia.
OBRIGATORIO O USO DE FRONTAL, E LEVAR O MÓBIL ENCENDIDO
A saída das dúas probas terá lugar ás 22,30 horas dende a Praza de España de Quiroga. A entrega de dorsais iniciarase ás 19,00 horas, na Praza de España de Quiroga, e rematará ás 22,15 horas. A saída da proba será ás 22,30, e a duración máxima no deberá superar as 4 horas. A organización estableceu como obrigatorios o uso do frontal, con pilas de recambio, e a colocación do dorsal ben visible, así como levar encendido o teléfono móbil.
APOIOS AOS PARTICIPANTES DURANTE A PROBA
A organización ofrecerá tres avituallamentos ao longo da proba maior, un líquido e os outros dous con sólido e líquido, á metade da carreira e na propia meta. No trazado curto, só haberá dous avituallamentos.
PREMIOS EN CADA CATEGORÍA, ADEMAIS DE TROFEOS AO CLUB MÁIS NUMEROSO E AO CORREDOR MÁIS VELLO
Establécense tres premios para a modalidade masculina e feminina nos dous trazados. Premiaranse aparte aos mellores participantes locais, masculino e feminino, nos dous percorridos, e haberá un trofeo para o club máis numeroso, e para o corredor máis veterano.
INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN SOBRE REGLAMENTO E PREZOS
As inscricións están abertas ata o 4 de xullo ás 00,00 horas, ou ata completar o máximo de 600 participantes. Para anotarse, é preciso facelo a través da páxina web www.championchipnorte.com.
Este portal tamén ofrece toda a información sobre os prezos de inscrición en cada modalidade, así como das normas e características que se recollen no reglamento da proba. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio