Crónica del sur de Lugo

O Museo do Ferrocarril de Monforte superou en 6 meses o total de visitantes do ano pasado

• A mediados de xuño de 2018, xa se tiñan rexistradas 14.000 visitas • Entre as últimas persoas en achegarse ao Museo, hai grupos de Alemaña e Australia

O Museo do Ferrocarril amosa unha exposición temporal con obras da colección Luis Díaz Guerra, no espazo acondicionado na última ampliación. GPXG
O Museo do Ferrocarril de Galicia estase a consolidar como un dos atractivos turísticos máis importantes do sur lucense. Segundo explicou o presidente do Padroado e delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o museo con sede en Monforte acadou os 14.000 visitantes no que vai de ano, cifra que supera o record logrado a decembro de 2017. Balseiro salientou tamén o feito de que un bo número de visitantes procede de fóra de España e de diversas partes do mundo. “Hai grupos de persoas de Alemaña e Australia” entre as últimas chegadas ao Museo do Ferrocarril, precisou.
AMPLIACIÓN NUNHA NAVE EN DESUSO
Balseiro presidiu a reunión do Padroado desta institución o pasado 14 de xuño. Entre as novidades do Museo, o delegado da Xunta en Lugo destacou o remate das obras de adaptación e reforma que permitiron ampliar a superficie expositiva do Museo. Para iso, aproveitouse unha nave baleira e contigua á principal, e nela leváronse a cabo traballos de acondicionamento, así como de musealización.
Imaxe da última reunión do Padroado do Museo do Ferrocarril de Galicia, celebrada en Monforte o 14 de xuño. GPXG
NOVIDADES PARA VER NO MUSEO
Ademais, os visitantes do Museo do Ferrocarril de Galicia en Monforte poden coñecer novos elementos vinculados á historia e á cultura ferroviaria. Así, está á vista dos visitantes a última mesa de control de tráfico de Galicia, que estivo operativa en Ourense ata a posta en marcha do sistema dixital. Esta peza constitúte “unha auténtica xoia”, en palabras de Balseiro, “dentro dos moitos obxectos históricos que hai no Museo”.
Tamén pode verse a recreación dunha antiga escola ferroviaria, e dun gabinete de circulación, ademais dunha sala cunha ampla colección de reloxos ferroviarios.
Así mesmo, pode verse nos espazos da nova ampliación unha exposición temporal de pintura. Baixo o título “Rail Arte Muferga”, a mostra inclúe pezas da colección de Luis Díaz Guerra. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio