Crónica del sur de Lugo

O Concello de Monforte acondicionou a contorna do Parque dos Condes para o verán

• Completou a limpeza anual da lagoa, e instalou unha nova bomba de auga para o funcionamento do geyser

O geyser do Parque dos Condes volve a estar en marcha dende este mes, logo de que o Concello instalara unha nova bomba de auga. GPCM
O Goberno local vén de completar a limpeza e acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes, para que estea en perfectas condicións durante os meses de verán.
O BO ESTADO DUN DOS ESPAZOS “MÁIS EMBLEMÁTICOS” DE MONFORTE, “COMPROMISO” DO GOBERNO DE TOMÉ
“A lagoa é un dos espazos máis emblemáticos da nosa cidade”, explicou o alcalde, José Tomé, cando anunciou os traballos de extracción de lodos que as brigadas municipais realizan cada mes de xuño dende a súa chegada á alcaldía. O rexedor local xustificou esta actuación, un dos seus compromisos dende que está á fronte do Consistorio. Segundo Tomé, a zona “é unha das máis atractivas para os visitantes que veñen a Monforte, ademais de ser zona de paseo para moitos veciños e veciñas”.
O alcalde precisou os detalles desta actuación, así como os investimentos realizados. Para limpar a lagoa, o Concello alugou unha bomba especial, cun custe de 300 euros. A este importe, houbo que sumar outros 4.598 euros, para sufragar os gastos dos traballos de apoio á brigada municipal, realizados por unha empresa.
Imaxe dos traballos de limpeza da lagoa, que o Goberno local leva a cabo anualmente para manter a contorna do Parque dos Condes en perfectas condicións de cara ao verán. GPCM
NOVO MECANISMO “CON MÁIS GARANTÍAS” PARA POÑER A FUNCIONAR DE NOVO O GEYSER DA LAGOA
Ademais, o Concello optou por instalar unha nova bomba de auga para poñer en funcionamento o geyser da lagoa. Segundo precisou o alcalde, o custe de arranxar o mecanismo estropeado era “bastante custoso”, e a nova peza suporá “maiores garantías”. O mecanismo de bombeo levaba averiado dous meses.
O Goberno local monfortino destinou 1.240 euros para esta actuación.
ALGO MÁIS DE 6.000 EUROS PARA MANTER “UNHA BOA IMAXE” DA CIDADE DE MONFORTE
Os traballos leváronse a cabo nas primeiras semanas de xuño. O alcalde insistiu en que estas tarefas son “imprescindibles para poder dar unha boa imaxe”, coa que lograr que o Parque dos Condes sexa “unha das nosas mellores cartas de presentación” para os visitantes que chegan á cidade do Cabe.
En total, o Concello de Monforte adicou a estes traballo algo máis de 6.000 euros. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio