Convenio de 340.000 euros entre a Xunta e o Concello de Pantón para o abastecemento en Tribás

•O alcalde asinou o convenio coa conselleira de Medio Ambiente para as obras que darán servizo aos núcleos de Tribás, Albaredo e O Fontao

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, na sinatura do convenio en Santiago, o pasado 8 de xuño. GPXG

A comezos deste mes, tivo lugar en Santiago a sinatura do convenio entre o Concello de Pantón e a Consellería de Medio Ambiente, polo que se acorda a financiación das obras de abastecemento da parroquia de Tribás.
O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, asinou o documento coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para destinar preto de 340.000 euros a esta actuación.
O convenio establece que a financiación será asumida ao cen por cen por Augas de Galicia. O proxecto permitirá dotar aos núcleos de Tribás, Albaredo e O Fontao do servizo de abastecemento, do que carecen actualmente. En Tribás non hai rede municipal, polo que os veciños deben abastecerse mediante pozos e captacións de mananciais, sen control sanitario.
A nova rede de abastecemento contará con 1.200 metros de lonxitude. Para a súa instalación, executarase unha captación de auga mediante un pozo de barrena. O proxecto inclúe a colocación dun depósito de auga de preto de 25 m3, e unha rede de condución cara os tres núcleos poboacionais. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Sober incrementa en case 400.000 euros os Orzamentos para este ano

Seguinte Nova

O Concello de Monforte acondicionou a contorna do Parque dos Condes para o verán

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: