A Deputación destina 1,5 millóns para arranxar 32 quilómetros de estradas no sur

• As tarefas de acondicionamento realizaranse na Pobra do Brollón, Taboada, Ribas de Sil, Quiroga, Pantón e O Saviñao

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, durante unha rolda de prensa este mes de xuño. GPDL
A Deputación de Lugo continúa cos traballos de mellora da rede viaria provincial. Na xunta de Goberno do 15 de xuño, aprobáronse actuacións en seis municipios do sur lucense, por un importe total de 1,5 millóns de euros. O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, precisou os detalles destas obras, que arranxarán preto de 32 quilómetros en 14 estradas do sur.
SAVIÑAO, A POBRA E PANTÓN, AS PARTIDAS MÁIS ELEVADAS
A dotación máis destacada corresponde aos viais que transcorren polo municipio do Saviñao. Campos Conde explicou que o organismo provincial destinará 397.000 euros para mellorar case 10 quilómetros das estradas LU-P-5804 de Rebordondiego (LU-611) por Aiaz a Morgade (LU-P-4102), e a LU-P-5205 de Porto (N- 642) a Vilaosende (LU-P-5203).
A partida para arranxar catro estradas na Pobra do Brollón ascenderá a 370.000 euros. Mellorarase 1,2 quilómetros na LU-P-4702 de Vilachá por Rozabales e Estación da Pobra do Brollón, así como algo máis de 2 quilómetros na LU-P-4703 dende a LU-652 a Santalla de Rei a LU-653. Tamén se actuará en case 2 quilómetros na LU-P-4707 de Pobra do Brollón por Saa, Veneira e Deroques, e un tramo similar acondicionarase na LU-P-4710, da LU-P-4701 en Salcedo á Estación da Pobra do Brollón (LU-933).
En Pantón, o organismo provincial investirá 311.000 euros en 3 quilómetros da LU-P-4102 de Ferreira (N-120A) a Currelos (LU-611), e en 1,7 quilómetros na LU-P-4106 de Carmen (LU-617) a Curro (LU-120A).
A Deputación destinará 157.000 euros a 2,2 quilómetros en dúas estradas de Quiroga. Na LU-P-5001 de Ponte Barreiro (LU-623) a Vilarbacú actuarase en 1,2 quilómetros, e nun tramo similar na LU-P-5005 de Alto de Aldriz (LU-933) a Vilar de Lor. Para Ribas de Sil, a partida será de 148.000 euros para arranxar máis de 3 quilómetros da LU-P-5301 de San Clodio ao Alto da Cruz.
Por último, o organismo provincial investirá en Taboada 139.000 euros para a mellora de dous tramos na LU-P-6001 de Taboada por Adá á LU-213, e de algo máis dun quilómetro na LU-P-6004 de Alto de San Xulián a Castelo, así como dun tramo similar na LU-P-6005 de Taboada por Adá a Almuíña. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Melloras en estradas e camiños rurais de Antas con 382.000 euros da Xunta

Seguinte Nova

Monforte de Lemos estrea web municipal e un novo portal de turismo

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: