Crónica del sur de Lugo

Melloras en estradas e camiños rurais de Antas con 382.000 euros da Xunta

Visita do delegado da Xunta en Lugo a Antas de Ulla, acompañado polo alcalde, Javier Varela, para supervisar varias melloras xa executadas en camiños rurais, o 30 de maio. GPXG
A Xunta vén de destinar 382.000 euros a melloras en estradas e camiños rurais do municipio de Antas de Ulla. A finais do mes de maio, o Executivo autonómico tiña xa executadas obras por valor superior aos 266.000 euros, achegados polas Consellerías de Medio Rural e de Presidencia. Os proxectos completados supuxeron a mellora na pavimentación de camiños nas parroquias de Santa Mariña e Frádegas, Vilanuñe e Cibreiro, en A Somoza-O Seixo, Peibás, Santa Cristina de Areas, San Xurxo da Terra Chá e A Cervela, e tamén en Caira, Rial, Quintela e Ponte do Estanco.
OBRAS PENDENTES
Segundo explicou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na súa visita a Antas a finais do mes pasado, o Executivo autonómico prevé máis obras, por valor de 116.000 euros, e que se realizarán nos núcleos de San Fiz de Amarante, O Rial, Timós, e en Amoexe, Barreiro e Casilmoure.
Balseiro aproveitou a súa estadía para achegarse á parroquia de San Fiz, onde se atopa o enclave natural considerado “o corazón de Galicia” e documentado como centro xeográfico da Comunidade polo Instituto Xeográfico Nacional. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio