Crónica del sur de Lugo

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo Sil inaugurou a tempada dos Trens Turísticos

•Ocupación do 100% na primeira xornada desta ruta, que abriu o programa coa Ruta dos Faros

Os Trens Turísticos iniciaron en xuño unha nova tempada con 12 rutas temáticas ata o mes de outubro. GPXG
A nova tempada dos Trens Turísticos inaugurouse con protagonismo da Ribeira Sacra. A Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo Sil foi escollida, xunto coa Ruta dos Faros, para abrir a nova quenda de viaxes temáticos en ferrocarril pola nosa comunidade, no programa impulsado por Turismo de Galicia en colaboración co Inorde e Renfe. As viaxes inaugurais desta tempada supuxeron un éxito absoluto, co 100% das prazas ocupadas en ámbalas dúas rutas.
ADEGAS E CATAMARÁN INCLUÍDOS
A Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo Sil ofrece un percorrido con paradas en Monforte de Lemos e o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, ademais de visitas guiadas a adegas e paseos en catamarán.
ESTREA ESTE VERÁN  DA RUTA DA RIBEIRA SACRA POLO MIÑO
Como novidade deste verán, os Trens Turísticos inclúen a Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo Miño, que tamén ofrece visitas guiadas a adegas, ademais de coñecer o Ecomuseo de Arxeriz e gozar dunha viaxe en catamarán polo Miño.
En total, o programa dos Trens Turísticos integra ata o mes de outubro 56 saídas en 12 rutas temáticas, con teatralizacións en catro itinerarios, para poñer en valor os aspectos culturais e históricos máis singulares de cada territorio.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

     
Ir a Inicio