Crónica del sur de Lugo

A Xunta investirá 1,2 millóns de euros no novo centro de saúde do Saviñao

• O conselleiro de Sanidade presentou en Escairón o proxecto, que terá un prazo de execución de 12 meses

A presentación do proxecto do novo centro de saúde do Saviñao tivo lugar na Casa Consistorial de Escairón, coa presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, o 1 de xuño. GPXG
O Saviñao contará cun novo centro de saúde en Escairón. As características deste servizo déronse a coñecer o pasado 1 de xuño, na visita que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, realizou á capitalidade municipal. Na Casa Consistorial, o conselleiro anunciou que a Xunta destinará a este proxecto 1,2 millóns de euros. Almuíña, que estivo acompañado polo alcalde do Saviñao, Joaquín González, e o tenente de alcalde, Juan Carlos Armesto, salientou que a Xunta ten como unha das prioridades a “modernización e mellora” das infraestruturas en Atención Primaria, “con capacidade de resolución de alto nivel de calidade, e no lugar máis próximo ao paciente”.
SEIS CONSULTAS DE MEDICINA XERAL E OUTRAS DÚAS NA ÁREA DE PEDIATRÍA
Os técnicos de Sanidade explicaron os detalles deste proxecto, que terá unha superficie total construída de 750 metros cadrados, ampliando notablemente o espazo actual. A disposición do edificio permitirá contar con seis consultas, tres de medicina xeral e tres de enfermería, e unha sala de toma de mostras con uso polivalente. Na área pediátrica, disporase unha consulta de pediatría e unha de enfermería de pediatría. Ademais, haberá unha sala de xuntas e unha zona de arquivo de historias clínicas, así como espazos para recepción, vestiario e almacéns.
Vázquez Almuíña resaltou que o novo centro de saúde de Escairón ofrece unha “maior funcionalidade”, axudando a “mellorar a calidade da atención sanitaria que se presta á cidadanía do Saviñao”, ao tempo que se melloran os espazos de traballo dos profesionais sanitarios.
MÁIS INVESTIMENTOS ATA 2020 EN GALICIA
O conselleiro lembrou que, nesta lexislatura, “máis de 300.000 galegos van cambiar o seu centro de saúde actual por un novo ou renovado”. A día de hoxe, o Executivo está a traballar en 20 novas infraestruturas, e prevé continuar con investimentos por importe de case 56 millóns ata 2020.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio