Crónica del sur de Lugo

A Xunta apoia con 2,6 millóns a contratación de 346 persoas nos concellos lucenses

•Balseiro lembrou que o 1 de xullo estarán incorporados os novos traballadores de tres programas

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na rolda de prensa do pasado 21 de maio. GPDTL
A Consellería de Economía, Emprego e Industria resolveu este mes tres programas de apoio á contratación nos concellos, cun investimento na provincia de Lugo que acada os 2,6 millóns de euros. Esta cifra repártese entre as accións do programa Aprol Rural, o de fomento da contratación de persoas que perciben a Risga, e o plan de cooperación. Segundo especificou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, as tres accións permitirán acceder a un emprego a 346 persoas na nosa provincia, que se incorporarán aos seus postos antes do 1 de xullo.
PROGRAMA APROL RURAL
Do investimento total da Consellería, 1,3 millóns destínanse ao programa Aprol Rural, que permitirá a contratación de 120 lucenses durante un periodo de nove meses. Unha das novidades deste ano é que os contratos deberán estar relacionados coa posta en valor do sector forestal, priorizándose tamén aos municipios que teñan acadada a consideración de Concellos Emprendedores. Balseiro precisou que os 56 concellos solicitantes das axudas poden dispoñer delas, aínda que con “especial incidencia” naqueles concellos que se sumaron ao acordo entre Xunta e Fegamp para a captación de investimento en Galicia. Con estas achegas ao Aprol Rural, a Xunta financia todos os custos laborais dos traballadores, incluíndo a cotización empresarial á Seguridade Social.
CONTRATOS PARA BENEFICIARIOS DA RISGA
Para o programa de contratación de perceptores da Risga, a Consellería aprobou unha partida de case un millón de euros, o que permitirá dar traballo a 116 persoas nos 36 concellos que participan. A Consellería de Economía financia todos os custos laborais dos novos traballadores, que realizarán servizos de interese municipal cun contrato laboral de sete meses.
Balseiro completou o detalle destas iniciativas da Xunta en materia de emprego. O plan de cooperación facilitará a contratación de 110 socorristas en 37 concellos, por un periodo de dous meses, e cunha partida superior aos 341.000 euros. 76 destes socorristas desenvolverán a súa actividade en concellos da Mariña lucense.
O delegado afirmou que “a Xunta lidera as iniciativas de emprego da provincia”. Balseiro destacou que estas medidas realízanse “a través dun sistema de cooperación cos concellos”, o que implica aforro para as arcas municipais, a garantía de que os traballos resolverán necesidades reais, e o impulso ao sector forestal da provincia.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
Ir a Inicio