Crónica del sur de Lugo

Doazón dunha peza da artista sarriana Violeta Bernardo á Rede Museística Provincial

As artistas Violeta Bernardo e Carmen Porteiro asinaron, coa deputada de Cultura Pilar García Porto, a doazón de obras para a Rede Museística Provincial. GPDL

Coincidindo coa celebración da Noite dos Museos, a Rede Museística Provincial vén de incorporar novas obras, da man das súas autoras, a lucense Carmen Porteiro e a sarriana Violeta Bernardo. Na sinatura da doazón, a deputada de Cultura, Pilar García Porto, agradeceu o “compromiso destas autoras co traballo e coa proxección da Rede Museística Provincial”.

A xornada da Noite dos Museos continuou en Lugo cun faladoiro sobre a percepción na arte dos discursos sobre xénero. Os participantes realizaron ademais unha visita guiada a escuras polo Museo Provincial.

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio