Crónica del sur de Lugo

Debuxos e caricaturas na Biblioteca do Saviñao para achegarse a Mª Victoria Moreno polo Día das Letras Galegas

Un dos debuxos sobre a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas. (Foto: BPM do Saviñao)

Os participantes na actividade da Biblioteca Municipal do Saviñao coñeceron detalles da vida de Mª Victoria Moreno, e realizaron diversos debuxos sobre a narración. (BPM O Saviñao).

A Biblioteca Municipal do Saviñao organizou, o pasado 14 de maio, unha actividade en torno ao Día das Letras Galegas. Tanto nenos como maiores participaron nesta sesión, na que coñeceron diversos detalles da vida de Mª Victoria Moreno. A autora homenaxeada este ano falaba 12 idiomas, chamáballe Teresita ao seu coche, e adoraba aos animais.
Durante a narración, os participantes foron traballando en debuxos e caricaturas guiadas, ata completar un conxunto de sorprendentes creacións. As pezas están expostas na Sala Infantil da Biblioteca. •

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio