Crónica del sur de Lugo

Os novos talentos musicais, protagonistas dos Concertos Didácticos no Conservatorio de Monforte

Alumnos de guitarra do Conservatorio de Monforte, durante os concertos didácticos desenvolvidos o pasado 11 de maio. GPCM
O 11 de maio, o Conservatorio Mestre Ibáñez de Monforte acolleu dous concertos didácticos, que tiveron como público ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
ALUMNOS E PROFESORES
As dúas sesións estiveron a cargo de profesores e alumnos do Conservatorio, que explicaron aos asistentes as características das pezas interpretadas. Ademais, deron a coñecer aos escolares os rasgos máis singulares de cada un dos instrumentos empregados.
O primeiro pase da xornada estivo dirixido ao alumnado dos colexios A Gándara e Torre de Lemos, mentres que ao segundo concerto didáctico asistiron escolares do CEIP Novo e do Colexio Ferroviario de Monforte. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio