Crónica del sur de Lugo

Saleta Fernández, récord galego de salto de altura

•A monfortina acadou a súa nova marca na segunda xornada da Liga de Atletismo celebrada en San Sebastián

Imaxe de arquivo de Saleta Fernández, na homenaxe recibida no Concello de Monforte o pasado mes de abril. Arquivo EC

A atleta monfortina Saleta Fernández vén de acadar un novo éxito na súa brillante traxectoria. A monfortina, que compite nas filas do Valencia Esports, logrou o récord galego en salto de altura, cunha marca de 1,85 metros.
A saltadora participou co seu equipo na Liga Iberdrola Atletismo feminina, que se celebrou en San Sebastián durante a fin de semana do 19 e 20 de maio.
O Valencia Esports conseguiu o liderato nesta competición, rozando o pleno de vitorias, con 19 das 22 posibles, segundo información da Federación Española de Atletismo.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

     
Ir a Inicio