Crónica del sur de Lugo

Nomeamento da escritora e profesora Celia Díaz Núñez como Filla Adoptiva de Quiroga

•O alcalde fixo entrega deste recoñecemento nun acto oficial celebrado no Consistorio quirogués, coincidindo co Día das Letras Galegas

Díaz Núñez asinou no Libro de Honra do Concello de Quiroga, en presenza do alcalde, Julio Álvarez. EC

O Concello de Quiroga nomeou a Celia Díaz Núñez como Filla Adoptiva nun acto oficial celebrado no Salón de Plenos do Consistorio o 17 de maio. A escritora e profesora, nacida no Páramo, reside en Ourense, cidade na que exerce a docencia de Lingua e Literatura nun instituto de Secundaria. Como escritora, recibiu varios galardóns, entre eles dúas edicións do Premio Pura e Dora Vázquez.

Entrega da distinción como Filla Adoptiva do Concello de Quiroga a Celia Díaz Núñez, o pasado 17 de maio. EC

Nun emotivo acto, Celia Díaz Núñez agradeceu ao Concello quirogués este recoñecemento, cun discurso no que trazou un percorrido sentimental da súa infancia e mocidade en Quiroga, terra da súa nai.
Na súa intervención, o alcalde, Julio Álvarez, destacou a labor de Celia Díaz como autora dunha literatura “na que Quiroga sempre está presente”. O rexedor salientou o discurso da homenaxeada, “que convertiu este acto nun dos máis fermosos cos que se ten celebrado neste Concello o Día das Letras Galegas”.•

A familia de Celia Díaz Núñez ocupou un lugar destacado no Salón de Plenos durante o acto oficial. EC

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio