A Xunta contrata os traballos para o novo centro ocupacional e residencial de Monforte

• Destinaranse 240.000 euros para acondicionar un baixo na Escola de Capacitación Agraria

Imaxe das instalacións da Escola de Capacitación Agraria, que a Xunta acondicionará para o novo uso como centro ocupacional e residencial de persoas con discapacidade. GPXG

O centro ocupacional e residencial para persoas con discapacidade en Monforte empeza a tomar forma. O 18 de maio, publicábase no Diario Oficial de Galicia a formalización do contrato para iniciar os traballos de acondicionamento destas instalacións, que aproveitarán un baixo da Escola de Capacitación Agraria que permanece sen uso. O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou a importancia desta iniciativa, “moi demandada e agardada na comarca”, sobre todo polas familias con usuarios do centro de educación especial Infanta Elena.

PROXECTO AMPLIABLE SE HAI DEMANDA DE MÁIS SERVIZO NO FUTURO

Segundo explicou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a Consellería de Política Social destina para este fin 240.000 euros, cos que se remodelarán os 856 metros cadrados con destino a este servizo. Balseiro precisou que as obras van independizar este servizo do resto do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte. Ademais, o proxecto inclúe a mellora da accesibilidade, a construción de espazos para dirección, enfermería e obradoiros, e despachos de psicomotricidade e fisioterapia. Tamén se vai dotar de aseos adaptados, ao tempo que se adaptan e renovan as habitacións da zona residencial da antiga Escola. O centro disporá de 30 prazas ocupacionais e 10 de carácter residencial. O proxecto, cun prazo de execución de 3 meses, dá a posibilidade de ampliar o servizo nun futuro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A lucense Isabel Pardo de Vera recibiu o Premio Monforte al Ferrocarril

Seguinte Nova

Nomeamento da escritora e profesora Celia Díaz Núñez como Filla Adoptiva de Quiroga

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: