A lucense Isabel Pardo de Vera recibiu o Premio Monforte al Ferrocarril

•Este galardón é concedido cada dous anos pola Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER)

Pardo de Vera recibiu o premio nun acto celebrado no Concello de Monforte, o pasado 11 de maio. GPCM
A historia e o vínculo da cidade do Cabe co progreso e a modernidade marca a convocatoria dos premios Monforte ao Ferrocarril, que cada dous anos concede a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER). O pasado 11 de maio, o Salón de Plenos do Concello de Monforte acolleu o acto de entrega deste galardón a Isabel Pardo de Vera Posada, directora xeral do Departamento de Explotación e Construción do ADIF.
MANTER O PAPEL «PRIMORDIAL» DE MONFORTE NO TRANSPORTE GLOBAL POR FERROCARRIL
Durante a celebración, Pardo de Vera agradeceu este premio, «que me obriga aínda máis no empeño de que a provincia de Lugo dispoña da mellor conexión ferroviaria posible». Pola súa banda, o alcalde de Monforte, José Tomé, destacou a importancia de que a persoa premiada sexa unha muller «porque o mundo ferroviario era de homes, e creo que é xusto recoñecer o traballo daquelas mulleres que dedicaron e dedican a súa vida ao ferrocarril». Tomé pediu á galardoada que continúe implicándose para que a historia de Monforte siga vinculada ao ferrocarril. O alcalde reivindicou o papel «primordial» desta cidade «no transporte de persoas, loxística e transporte de mercadorías polos camiños de ferro». Neste sentido, o rexedor local afirmou que «é fundamental a construción da variante ferroviaria que permita suprimir dos seis pasos a nivel urbanos».
A PROVINCIA PRECISA DUN FERROCARRIL «DO SÉCULO XXI»
No acto de entrega do Premio Monforte ao Ferrocarril, o presidente da Deputación, Darío Campos, insistiu en que «é preciso reivindicar, dende as administracións, a necesidade de dotar á provincia de infraestruturas ferroviarias do século XXI». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

San Clodio prepara a Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil para os días 9 e 10 de xuño

Seguinte Nova

A Xunta contrata os traballos para o novo centro ocupacional e residencial de Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: