Crónica del sur de Lugo

San Clodio prepara a Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil para os días 9 e 10 de xuño

As cereixas da zona de Figueiredo atraen a visitantes de toda a contorna na Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil. Arq. EC
O Concello de Ribas de Sil está a ultimar os detalles para celebrar unha nova edición da Festa da Cereixa e do Aceite.
ATRACTIVO PAISAXÍSTICO DA PRAIA FLUVIAL
A contorna da Praia Fluvial de San Clodio acollerá os postos de venda e degustación durante a fin de semana do 9 e 10 de xuño. Música, artesanía e actividades para todos os públicos atraerán, un ano máis, a numerosos visitantes para desfrutar dos mellores produtos destas terras.
Ademais das afamadas cereixas de Figueiredo, os asistentes poderán mercar o aceite producido e envasado nesta comarca. Xunto a estes emblemáticos produtos, os postos instalados ao carón da Praia Fluvial incluirán viños, licores e varias especialidades de doces. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir a Inicio