Crónica del sur de Lugo

Tradición e calidade daranse a man na celebración da Mostra do Aceite de Quiroga

• A edición número dezaoito terá lugar o domingo 20 de maio en Bendilló

O aceite de Quiroga é un dos produtos máis singulares de toda a Ribeira Sacra, ao tempo que outorga un carácter propio á etnografía das terras quiroguesas. Arquivo EC
As festas gastronómicas continúan no sur de Lugo, para promocionar os mellores produtos da terra, e poñer en valor a súa importancia etnográfica. En Quiroga, a cita cos sabores no mes de maio terá lugar na contorna das Farrapas de Bendilló, coa celebración da 18ª Mostra do Aceite, o domingo 20 de maio.
CATA DOS ACEITES NO MUSEO ETNOGRÁFICO DE QUIROGA
Previamente, o venres 11 de maio, as sete da tarde, procederase á cata oficial dos aceites inscritos nesta convocatoria, na sala de catas do Museo Etnográfico de Quiroga. O acto será de acceso libre para as persoas que desexen asistir.
O MUÍÑO EMPEZA A FUNCIONAR ÁS ONCE E MEDIA DA MAÑÁ
O domingo 20 de maio, a xornada da Mostra do Aceite de Quiroga botará a andar coa posta en marcha do muíño de Bendilló, ás once e media da mañá. A demostración de como se facía o aceite de Quiroga de xeito artesanal supón unha oportunidade para viaxar no tempo e recuperar non só os sabores de sempre senón todo un modo de vida.
Durante toda a xornada do 20 de maio, estará en funcionamento o muíño artesanal de aceite en Bendilló, un dos atractivos da Mostra do Aceite de Quiroga. Arquivo EC
MÚSICA TRADICIONAL
A música non faltará na carpa de Bendilló. O recinto da feira estará amenizado pola mañá cos sons do grupo de gaitas Alecrín. Ás doce, e no interior da Capela das Farrapas, desenvolverase a cata comentada dos aceites presentes na Mostra.
Á unha e cuarto, haberá no recinto feiral unha actuación de danza e música tradicional de Galicia, a cargo do grupo de gaitas Alecrín e da formación de danza San Martiño.
PRODUTOS TÍPICOS
Os actos da mañá rematarán coa actuación do grupo de gaitas O Recanto de Quiroga, ás dúas e media. Ademais de gozar da música e da demostración no muíño de aceite, os visitantes poderán adquirir produtos típicos da zona, e tamén xantar no recinto feiral. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir a Inicio