Crónica del sur de Lugo

O monfortino Manuel Hernández, subcampión galego absoluto de golf

•O xogador do Club Río Cabe sumou un novo éxito ao seu palmarés •Hernández foi campión absoluto de Galicia en 2014 e 2017

Manuel Hernández González, do Club Río Cabe de Monforte, logrou o subcampionato galego absoluto na Coruña, o pasado 22 de abril. (Foto cedida).

O xogador monfortino Manuel Hernández González, do Club Río Cabe, vén de proclamarse subcampión galego absoluto, na proba desenvolvida no Real Club de Golf de A Coruña do 20 ao 22 de abril.
O monfortino completou o Campionato Galego individual cun total de 225 golpes, a escasa distancia do gañador, o coruñés Andrés Freire Segrelles, con 220 golpes. O terceiro clasificado foi Antón Vázquez Muíños, tamén do Real Club de Golf de A Coruña, con 226. A proba coruñesa contou con 130 participantes.
Manuel Hernández González suma así outro novo triunfo á súa exitosa traxectoria. O monfortino foi campión galego absoluto en 2014 e 2017. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio