Crónica del sur de Lugo

Unha vintena de participantes en Chantada na Xornada do Día Europeo da Información Xuvenil

A Casa da Xuventude de Chantada acolleu a xornada informativa, o 18 de abril. CXC

O pasado 18 de abril, a Casa da Xuventude de Chantada organizou unha xornada con motivo do Día Europeo de Información Xuvenil. Un total de 20 mozos e mozas, con idades comprendidas entre os 10 e 30 anos, participaron nunha sesión de dinámica grupal, para falar de diversos temas. A Rede Galega de Información Xuvenil, a Campaña de Verán, ou os carnés para a mocidade centraron a xornada, xunto aos programas de educación non formal, o programa Quérote +, e accións de prevención de condutas de risco, entre outras.

Unha caixa de suxestións, achegamento ás novas tecnoloxías, ou photocall cos programas da Dirección Xeral de Xuventude completaron a xornada. Os mozos participaron activamente nunha conversa  moi fructífera, segundo a dirección do Espazo Xove chantadino. Na charla, os asistentes trasladaron as súas necesidades e demandas, e deseñaron actividades conxuntas. •

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio