O Gimnasio Fitsa CB Sarria confírmase como campión da primeira autonómica feminina

•Dúas xornadas antes do remate da liga, as sarrianas garanten o ascenso a liga nacional pola derrota imprevista do seu rival directo

Foto de familia do Gimnasio Fitsa CB Sarria, campionas de primeira autonómica, coa súa adestradora, Maísa López. (Foto cedida).

 

O baloncesto sarriao está de noraboa. A dúas xornadas de rematar a tempada, o Gimnasio Fitsa CB Sarria vén de proclamarse campión da primeira división autonómica feminina. O pase á liga nacional está garantido matematicamente, logo de que o seu rival directo, o Universitario de Ourense, caese de xeito «inesperado», segundo destacaron no club sarriao, en Vilagarcía. Con todo, e na mesma xornada, as de Sarria fixeron o seu traballo, ao gañar con rotundidade por 63-45 ao La Salle no Novo Chanto. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

18 medallas para os do Neka no campionato provincial escolar en Taboada

Seguinte Nova

Unha vintena de participantes en Chantada na Xornada do Día Europeo da Información Xuvenil

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: